Este espazo mostra un dos seus camiños: o que se constrúe arredor de iniciativas culturais, da creación colectiva e do traballo con outros creadores. Parte do seu percorrido nace de xeito fortuito, desenvolvendo iniciativas culturais e relevantes no rural, entendendo a cultura como un espazo de encontro e transformación. Un dos lugares fundamentais é o encontro de cineastas Chanfaina Lab, onde cada ano participa activamente na produción de diversas curtametraxes, moitas das cales percorreron festivais e recibiron diferentes recoñecementos. Este espazo converteuse para el nun verdadeiro laboratorio creativo e humano: un lugar onde experimentar, arriscar e compartir con outros creadores. Aquí poderedes ver tanto os proxectos nos que participou como os que se impulsan dentro destas iniciativas.